Balance: Enredando con… AMTEGA
Cruz Vermella e a AMTEGA promoveron a capacitación dixital de máis de 140 persoas con 55 e máis anos en
A tecnoloxía ofrece unha oportunidade sen precedentes para dar resposta a moitas das necesidades e problemas máis importantes que poden xurdir no día a día das persoas. Desde Cruz Vermella detectouse que en Galicia é necesario o paso da alfabetización dixital á autonomía dixital, e a Organización traballa diariamente con este eixo estratéxico como prioritario. Neste sentido, Enredando concíbese como un espazo lúdico cun formato aberto de aprendizaxe, no que a metodoloxía utilizada está moi centrada nos coñecementos previos da persoa, así como nos seus intereses de aprendizaxe.
Roteiro AMTEGA: desenvolvemento do programa formativo itinerante en competencias dixitais, orientado a fomentar o uso de tecnoloxía prioritariamente entre o colectivo de persoas maiores no ámbito rural galego.
Desde o comezo do proxecto, realizáronse os seguintes roteiros en Galicia:
– Roteiro R.
– Roteiro en alianza co Concello de A Coruña.
– Roteiro liderado por Cruz Vermella Ourense.
– Roteiro en alianza con Vertex.
Desde que Cruz Vermella arrincou o circuíto Enredando en setembro de 2021, son xa moitos os quilómetros de acompañamento e apoio dixital que realizamos. Ata setembro de 2023 percorremos 58 localidades galegas, acudindo principalmente a concellos con menos de 5.000 habitantes. Nos circuítos realizados ata o momento, ofrecemos obradoiros personalizados segundo os intereses, motivacións e dificultades das persoas usuarias que nos acompañaron. Algunhas veces, as persoas participantes achegáronse ao noso espazo dixital para coñecer que tipos de dispositivos dixitais existen e que se pode facer con eles. Outras, necesitaban consultarnos algunha dúbida ou mellorar en concreto unha capacidade dixital… chegar a todas e cada unha das persoas que nos contactaron mediante a aula móbil, é unha das maneiras que ten Cruz Vermella para contribuír a que as persoas consigan a autonomía dixital.
Cruz Vermella e a AMTEGA promoveron a capacitación dixital de máis de 140 persoas con 55 e máis anos en
Cruz Roja en A Coruña e a Fundación San Rafael presentaron onte unha nova edición do proxecto ‘Enredando’, unha iniciativa
1.239 #quilómetrosdixitais levamos ata o momento! Pero esto non acaba aínda, seguimos percorrendo Galicia, esta vez en diferentes ubicacións da
Deixámosvos un amplo reportaxe fotográfico que resume moi ben otour Enredando Cruz Roja e AMTEGA pola provincia lucense: O Corgo,
Seguimos facendo #quilometrosdixitais por Galicia Estos días estaremos na provincia de Lugo desenvolvendo esta actividade, no marco doConvenio de colaboración
Esta semana, por mor da actividade formativa e itinerante organizada por Cruz Vermella no marco do Convenio de colaboración coa
Se precisas axuda dixital non dubides en chamar ao 900 825 030 ou escribirnos a galicia@cruzroja.es
©Cruz Roja Española 2023. Todos os dereitos reservados. Pulse aquí para consultar os ASPECTOS LEGALES
Axencia de Colocación autorizada co número 9900000098
©Cruz Roja Española 2023. Todos os dereitos reservados. Pulse aquí para consultar os ASPECTOS LEGALES
Axencia de Colocación autorizada co número 9900000098